Serie Digital
Serie de comedia dixital que narra as aventuras de Pulp Airlines, unha pintoresca aeroliña do máis particular.
Esta comedia grupal lévanos ata o aeroporto de Carballo para botar un ollo ao día a día de Pulp Air. Coa chegada de Verónica, unha nova auxiliar de voo forastera, Estevo, o líder do grupo, non está disposto a deixar que as cousas cambien pola compañía.
Pulp Air é a primeira serie de Henfunk Studio, un proxecto de larga duración en pantalla. Tamén marca a primeira dirección de Anita Pico neste formato, despois de adquirir experiencia en varios cortos con éxito en festivais.
Coa subvención da Xunta de Galicia e do ICAA.
Edición, Color, Vfx, Gráficas
2023
Comedia
Pulp Air conta cun marabilloso elenco protagonista de actores, que dan vida aos icónicos personaxes da serie. Entre eles destacan o creador dixital Pablo Meixe, novos talentos como Andrea Vilariño, Alberto Abal ou Javi Tink, a reconocida actriz Lucía Veiga e rostros familiares de series e programas de televisión como Isabel Garrido, Mayka Braña ou Duarte Galbán.