BURY YOUR GAYS

Investigación Documental

Ao longo da historia do audiovisual, a evolución dos personaxes LGTBIQ+ en pantalla foi marcando a distintas xeracións do colectivo, que se viron identificadas e representadas polas súas historias, romances ou obstáculos.

 

A pesar de que o cambio e a diversidade comezan lentamente a facerse notar en series e películas, os personaxes do colectivo homosexual sofren continuamente un final tráxico que se adoita demasiado común, sen importar o xénero, trama ou narrativa da produción audiovisual.

Esta tendencia provocou que o público e a comunidade fan impulsase movementos de protesta como “Bury your Gays” en Estados Unidos, que alcanzou notoriedade mundial grazas a internet e as redes sociais.

 

Nesta investigación documental, explóranse as mortes de personaxes LGTBIQ+ ao longo de décadas de series e películas mentras se estudian os parámetros comúns que aumentan as posibilidades de falecemento en pantalla; por exemplo, o feito de ser muller bisexual ou lesbiana.

Por mor da morte de Lexa en 2016, o público recuperou un termo en Estados Unidos coñecido como “Bury your gays”. Un movemento que apareceu nos medios literarios e audiovisuais desde finais do século XIX e que reinvindica o papel da diversidade de xénero, protestando contra a morte sistemática de personaxes LGTBQ+ ou amantes do mesmo xénero.

Next Project

Back To Top
Theme Mode